Outro ano máis o MELGA invitado a Riobó para participar na XVII Edición das Noites do Medievo

Este sábado, día 08 do presente mes de agosto do 2026, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) foi invitado no seu sétimo ano consecutivo a levar a cabo un “Festival de Xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media”, na parroquia de Riobó do concello de Cabana de Bergantiños, dentro da programación das “Noites do Medievo”.

A sesión vespertina lúdico-deportiva dará inicio sobre as 16:30 h. e dará finiquitada ás 21:00 h. aproximadamente, no mesmo lugar habilitado de sempre, no campo de herba á entrada do pobo.

Os xogos seleccionados serán de forza, habilidade, de precisión, de taboleiro, etc. e propoñerémosvos algúns xogos novos. Haberá premios para os participantes nas diferentes probas seleccionadas.

Por iso, informamos a todas aquelas persoas interesadas nesta actividade gratuíta, poderán desfrutar dunha tarde festiva, gastronómica, pero sobre todo… xogo por milleiros. Creo que non deberiades perdervos devandito acontecemento, invitados quedades desde este momento.

Esperámosvos!

 

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.