Novas

20
Dec

Horario do MELGA Nadal 2024

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, abrirá as súas portas, un ano máis, para todas aquelas persoas que desexen visitarnos durante este período vacacional das festas de Nadal. O período de apertura comprenderá desde o luns 23 de decembro do presente ano 2024 ata o luns 6 de xaneiro do próximo ano 2025. O museo permanecerá ABERTO

Read more

16
Dec

Felices e lúdicas festas!

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes deséxanche unhas boas festas de Nadal e un ano 2025 cheo de saúde, éxitos, alegría e… moito xogo e deporte de tradición. FELICES LÚDICAS FESTAS!!!!

13
Dec

Co CPR Manuela Rial Mouzo de Cee finalizan por este ano as visitas guiadas ao MELGA

Hoxe venres pola mañá desprazouse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), na súa sétima visita desde o ano 2018, o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo da localidade de Cee. Nesta ocasión, o grupo estaba formado polos pequenos de 1º, 2º e 3º de educación infantil, con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos. Este grupo, moi heteroxéneo, contaba

Read more

10
Dec

O CEIP Plurilingüe Bragade pecha as súas portas para coñecer o MELGA

O centro escolar coruñés CEIP Plurilingüe Bragade de Dordaño (Oza – Cesuras) desprazouse por primeira vez a Ponteceso hoxe, martes día 10 de decembro, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), como actividade extraescolar de final de trimestre e como despedida do ano 2024. Os visitantes recibidos no Centro Cultural, onde está situado o MELGA, excedían

Read more