Hoxe luns día 19 de maio-25, un día especial para unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), xa que polo xeral, tanto o noso museo como todos os do mundo os luns pechan por descanso do persoal, recibimos nesta xornada a un centro docente do municipio coruñés de Negreira, o EEI de ARO, en horario matinal de 10:00 a 13:00 h., con máis de corenta (40) persoas, entre nenos e nenas en idades comprendidas entre os 2 aos 5 anos e algún que outro bebé en carriño ou en brazos dos seus proxenitores e os seus pais, nais e algunha avoa. Como coordinadora da actividade e representante do grupo que os acompañaba era a súa profesora Sandra Albor. Facía 3 anos (2022) que este centro non nos visitaba.
Este grupo heteroxéneo, foi recibido polo noso director a pé do autobús, para visitar en primeiro lugar a exposición da Fundación LAR de “Murais de azulexos de Xogos Tradicionais” que se atopa ao aire libre do campo de xogo do Centro Cultural do concello de Ponteceso. A continuación viron os dous vídeos promocionais do museo (“Cantamos: xogos populares” e o “Cómic MELGA”) e seguidamente pasaron a realizar o percorrido por ambas as salas do museo. Na primeira sala, tiveron a ocasión de xogar moitísimo, pois se pode dicir que o enfoque da visita estaba dirixida a todos “péquerrechos “, aínda que os adultos axudaron aos mesmos nalgúns dos xogos programados. Non faltaron os castelos de pinzas e carozos de millo, o tirafungueiro, o anel, o loió, o embocabolas, as buxainas, a estréla etc. Despois dun breve tentempié para repoñer forzas, abordouse a segunda sala, onde seguiron gozando de máis de 15 xogos diversos e adaptados para eles e atentos ás demostracións prácticas de Ricardo Pérez e Verdes, coas súas explicacións e anécdotas. Non faltaron os buratos, o prato, carreira de tartarugas, a pesca, as casas, o futbolín etc..
Unha xornada excepcional, pois a visita durou máis de dúas horas e media eos “péquenos “ aguantaron valientemente todo o tempo sen rechistar. Tanto pais, nais e os nenos/as, segundo comentaron ao final do percorrido, pasárono “bomba”, aínda que a algún deles saíu algunha “lagrimita”, porque quería seguir xogando ou porque perdera no xogo. Un grupo magnífico, atentos e en ocasións sorprendidos en todo o que alí selle expoñía. Parabéns!
Leave A Comment