Horario Museo MELGA Semana Santa 2025

Debido á gran demanda existente nos últimos anos por estas datas de vacacións e festas de Semana Santa 2025, informámoslles e poñemos en coñecemento a todos os posibles visitantes ou usuarios que desexen achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no Centro Cultural do Concello de Ponteceso, que os horarios ao recinto museístico, sufrirán algunhas modificacións e que serán as seguintes:

Aberto:

  • Xoves 17 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Venres 18 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Sábado 19 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Domingo 20 de abril: 11:00 a 14:00 horas.

Pechado:

  • Domingo pola tarde por descanso do persoal.

Nota: Último pases de visitas será polas mañás ás 13:00 h. e polas tardes ás 18:00 h.

Observacións:

  • As persoas que desexen realizar unha visita guiada o xoves, venres, sábado e domingo, poderán solicitar unha cita previa con 7 días de antelación e conformando un grupo como mínimo de 15 persoas.
  • Os fins de semana deste mes de abril (sábados e domingos), que desexan visitar o MELGA pola súa conta ou libre, deberán solicitar cita previa con dous días de antelación.
  • O horario establecido para este caso, será de 10:30 h. ata as 13:30 h. Os interesados en coñecer máis detalles, poden solicitar información en  info@museomelga.com o ricardoperezyverdes@gmail.com ou nos teléfonos 981 715 442661 290 246.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.