Un día grande, por moitas circunstancias e casualidades da vida, para a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Primeiramente porque hoxe cumprimos, nada máis nin nada menos que, OITOCENTAS (800) informacións entre o noso departamento de comunicación e os “mass media” (prensa escrita, oral, redes sociais etc.) nos once anos da nosa existencia. Sen dúbida, é un fito importante do cal sentimos inmensamente agradecidos a todos os medios, pola súa necesaria e importante colaboración e interese, para a difusión e coñecemento das nosas modestas entidades fundacionais e museísticas. SEMPRE estaremos en débeda con todos vós por iso. Gratitude e felicidades!
En segundo lugar -tamén este sábado- o noso director, Ricardo Pérez y Verdes, foi convidado por José María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal, a organizar e celebrar un “Festival de xogos motrices e de taboleiro tradicionais de Galicia e do mundo”. Este acto estaba situado dentro das moitísimas actividades do programa do “Festiletras: Semente”.
Aínda que a hora da programación foi na sobremesa (comprendemos a situación horaria para distribuír tantas actividades nunha xornada), a participación foi moi intensa tanto de persoas adultas como de nenos e nenas (moi familiar), durante as tres horas que durou a sesión lúdica. A selección planificada para iso tivo moita aceptación, sobre todo os novos e diversos xogos de habilidade e de taboleiro presentados. Neste caso, a organización do acto, puxo á nosa disposición a un grupo de mozos voluntarios que exerceron unha labor moi meritoria. A práctica levou a cabo na praza do “Outeriño” da aldea do Couto-Ponteceso. É un inmenso pracer en colaborar coa organización deste evento e gratitude especial a José María Varela “alma pater”, por contar ano tras ano, coa nosa presenza.
Tamén, este sábado día 17 de maio como saben, na nosa Comunidade Autónoma de Galicia, celébrase o “Día das Letras Galegas”, por tanto, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), abriu as súas portas (mañá e tarde), para recibir a todas aquelas persoas que desexaban coñecer o mesmo. Hai que destacar que, sendo festivo e un espléndido día estival, máis dunha trintena (30) de persoas foron as que nos visitaron, na súa maioría da comunidade e algúns turistas foráneos vindos cas súas autocaravanas para percorrer as contornas da Costa da Morte.
Finalmente e en terceiro lugar, para ter unha fin de semana a pleno rendemento, este domingo tamén conmemoramos en todo o mundo o “Día Mundial dos Museos”, onde o noso recinto museístico abriu as súas portas en xornada ao completo, para todos aqueles que desexasen participar nunha visita guiada ás 11:00 h. da mañá, dirixida, como de costume, polo noso director-guía.
Se esta fin de semana foi ao completo, avecíñasenos unha semana “full”, xa que temos reservado todos os días da semana con grupos escolares. Isto é debido, sen dúbida, porque os grupos escolares, realizan a súa excursión anual de final de curso.
Destacamos, que é a primeira vez que tivemos esta situación e o motivo non foi outro que o ter que pasar todas as reservas que tiñamos para os meses de febreiro, marzo e abril (pola intervención cirúrxica do director-guía e rehabilitación), para estes últimos meses de maio e xuño do calendario escolar.
A dirección do MELGA reitera a súa gratitude aos que fan MOI GRANDE este humilde museo situado no pequeno municipio pondaliano de Ponteceso, pero moi significativamente aos medios de comunicación, sen deixar de citar a todos os centros escolares, á hostalería, á restauración, aos visitantes etc.
É unha honra levar este inmerecida distinción!
Leave A Comment