Amigos de Cataluña conocen Ponteceso e o Melga

Gran satisfacción e moitísima alegría foi, onte xoves día 2 de agosto, o recibir no Centro Cultural de Ponteceso, a visita prevista e estrañada desde facía tempo prometida, ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) dos nosos amigos de Cataluña Víctor Baroja, presidente da Federación Catalá de Xogos Tradicionais e da Asociación Compañía de Xogos a Anónima e compañeiro profesor da Universidade de Vic e da súa esposa Lourdes Rufat mestra de infantil e primaria, e especialista en xogos e deporte tradicionais en idade escolar.

Durante toda a mañá, máis de catro horas de percorrido polas salas expositivas do museo, o director do museo, realizou con eles unha visita guiada en profundidade, pois os invitados así o requirían, pois son técnicos na materia, “bombardeándolle” con preguntas e aclaracións pertinentes sobre o mundo do xogos e deporte tradicional galego, tan próximo e ao mesmo tempo tan afastado entre ambas as comunidades. A sesión transcorreu cun intercambio de experiencias mutuas, posibles colaboracións, traballos de investigación conxunta, etc… en resumo, unha trasmisión de coñecementos sobre a evolución histórica dos xogos e deportes tradicionais na vida da persoa humana e ao mesmo tempo, Victor e Lourdes non deixaron de practicar, facendo o seu “bautismo lúdico”, con moitos dos xogos tradicionais galegos, que algúns para eles éranlles descoñecidos.

Finalmente, xa en sesión vespertina, acompañamos a Lourdes e Víctor, polos arredores da vila de Ponteceso para que coñecesen a Casa de Eduardo Pondal, o Monte Branco, a praia de Balarés, Corme, etc.) e por descontado, saborearon os sabores tan exquisitos que a nosa terra ofrécenos. Un día de verán inesquecible!

Despois da velada tan frutífera e enriquecedora, os ilustres colegas asinaron no Libro de Ouro do MELGA, deixándonos estas entrañables palabras:

“Non hai mellor maneira de coñecer a un pobo senón a partir dos seus xoguetes, as súas diversións, a súa maneira de entreterse. O MELGA fainos entender e querer a unha terra, a galega e Ricardo fainos querer ás súas xentes. Vaiamos onde vaiamos sempre nos levaremos un moitísimo de Galicia e un moitísimo dos seus habitantes. Xoguemos, agora e sempre e abrigo aprendamos a lección do MELGA: humildade, sinxeleza, paixón e amor. Sempre levaremos polo mundo esta xoia museística, medalla de ouro ao xogo, o teu insubstituíble labor e mestría”

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.