Outro ano mais, as carretas, os carros e as carrilanas descenderon velozmente, polo circuito do Campo da Feira de Ponteceso

Despois dunha tarde intranquila, por parte da organización do evento, xa que o tempo non era o desexable, ningunha inscrición (costume inadecuado de moitos participantes) e moi poucos espectadores, a suspensión fose o adecuado para estes casos, pero sobre as 17,30 h. (hora de comezo da Baixada), comezaron, sorpresivamente, a fluír das rúas da Trabe, unha afluencia de público importante e varios nenos, novos e adultos desexosos  en participar e inscribirse “in situ” para a alta competición de vehículos de madeira, na súa cuarta edición deste ano 2017. Ao final foron un total dunha vintena de “pilotos” preparáronse para tomar os seus “bólidos” e competir no velocísimo circuíto do Campo da Feira. Nesta ocasión non contamos con ningunha participación feminina, aínda que por parte dos organizadores insistíuselles en varias ocasións para realizar algún descenso, aínda que só fose fose de competición. Os participantes contaban entre os 10 anos e 75 anos.

Como todos os anos deu o pistoletazo de saída das probas, o director do MELGA, que realizou a súa anual baixada na súa carreta (bicicleta), dando a continuación a inauguración da gran competición oficial. Despois dunha baixadas de quecemento para adaptarse e coñecer o circuíto, as carretas (piloto individual) deron a saída á competición de velocidade.  Por parte da organización a competición de resistencia que había programada ao final foi desestimada por problemas de circuíto non adecuado. Realizáronse tres descensos cada competidor e anotouse o mellor tempo efectuado para a súa clasificación final. Seguíronlle as carrilanas ( por parellas ou individual) co mesmo sistema que o anterior e finalmente a estrela do circuíto, os carros ou coches (conducidos por tres ou catro participantes), que fixeron o deleite do moito público asistente, obtendo en varias ocasións enormes aplausos polas pericias dos pilotos, que nalgúns momentos, puidéronse conseguir preto dos 40 quilómetros por hora, pois a costa do descenso ten unha pendente aproximada duns 18 %.

Despois dalgúns raspaduras en brazos, caras, xeonllos e algunha costalada, fíxose a entrega de trofeos aos participantes, cuxos resultados foron os seguintes:  na modalidade de Carretas o trofeo de campión foi para Lucas Rey cun tempo de 12,10 segundos; o subcampión foi para Adrian Ordoñez con 12,30 segundos e terceiro clasificado para Anxo Ordoñez con 18,30 segundos. Para  o campión das Carrilanas, como o ano anterior, foi para Adrián Ures cun tempo de 13,90 segundos; o subcampeonato para Benigno Castro con 14,80 segundos e terceiro clasificado para Victor Conizas con 15,75 segundos. E finalmente os grandes vencedores dos carros foron para o equipo “Quiles” formado por Jorge Cerdeiro, David Ribeira e Nino Castro, que bateron o record do descenso cunha marca extraordinaria de 11,40 segundos, mellorando en cada ocasión os 14,07 segundos e os 12,35 segundos ata chegar ao tempo antes devandito. O segundo posto foi para o equipo de Eliseo Pose, Sergio Musi e Casiano López cun tempo de 13,50 segundos e o terceiro posto para o equipo de Adrián Ures, Fran Cotelo e Jonathan Cousillas.

Unha gran xornada que en principio non era moi halagüeña nin satisfactoria, pero que ao final brillou tanto polos espectadores como polos habilidosos participantes. A organización e todos os alí presentes desexaron, sen dubidalo, que a quinta edición será memorable. Así o desexamos. Entón… só quédanos preparar, desde agora mesmo, as vosas carretas, carros e carrilanas para V Baixada do 2018.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.