Reencontro no MELGA dun grupo de amigos logo de máis de 50 anos sen verse

Un luns memorable como o de hoxe día 11 de xullo de 2022 non volverá ocorrer. O noso director e guía do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), Ricardo Pérez e Verdes, recibiu nas instalacións do Centro Cultural de Ponteceso, onde se sitúa o MELGA, a un grupo reducido de 10 persoas, que nada mais e nada menos, viñan sendo antigos compañeiros de estudos de Enxeñería T. Naval, da primeira promoción, alá polos anos 66 do século pasado, acompañados das súas esposas e amigos/as. Case nada, 56 anos sen vernos despois de finalizados os estudos universitarios!

Todos eles procedían da veciña localidade de Ferrol Terra, onde dedicaran a súa vida aos emblemáticos estaleiros da Empresa Nacional BAZÁN e Estaleiros e Talleres do Noroeste, mais coñecida como ASTANO. Ao mando da organización do reencontro (sorpresivo), correu a cargo de David García (e a súa esposa Luz Calderón), compañeiro de pupitre e de fatigas do noso director. Tamén estiveron presentes os compañeiros Luís Vázquez Gallego e José Luís Fontenla e membros da Asociación Universidade Senior Ferrol-A Coruña Belén Ruano, Fernanda Faraldo, Asunción Vivanco, Josefa Chairo e María Eugenia Naveira.

Despois de departir co grupo recordos, experiencias e as nosas vivencias tanto persoais como profesionais, a visita guiada durou máis de tres horas. A sorpresa foi tan grande para todos eles, o atoparse con este museo tan orixinal e dirixido por un amigo, que a sesión foi eminentemente moi emotiva e pracenteira. Non só deixaron de preguntar e preguntar por todo o alí exposto, senón que tamén gozaron «de xeito abondo» exercitándose nalgúns xogos tradicionais, pero debido ás nosas idades, os mesmos foron moi suaves e fáciles de executar. Que pena, moitos anos sen xogar! comentaban.

Despois da visita, o director do centro obsequiou, en nome do concello de Ponteceso e da Fundación/MELGA, a todos os participantes unha bolsa con ampla publicidade turística (catálogos) da zona e algunha «lembranza» das nosas institucións.

Para repoñer forzas, todos dirixíronse a un restaurante de Ponteceso para degustar as correspondentes exquisiteces gastronómicas da zona, seguir falando das nosas andanzas xuvenís, da visita… comunicándonos que se atopaban en disposición de regresar de novo, con grupos de amigos, da universidade senior e algunhas asociacións ás que pertencían os visitantes. A continuación desprazáronse para coñecer o Monte Blanco e a praia de Balarés. Sesión inesquecible e moi FELICES do reencontro!

Grupo de amigos atienden a las explicaciones de Ricardo Pérez y Verdes en el Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.