Por primeira vez visita o Melga un grupo de alberguistas de Brión

Unha trintena de alberguistas en idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos, do municipio de Brión-Santiago de Compostela (A Coruña), entre campistas e monitores, no día de onte venres 5 do presente mes de agosto-21, achegáronse, en xornada vespertina de 17,00 h a 19,30 h., ás instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar, por primeira vez, unha visita guiada.

Os compoñentes do grupo do concello de Brión, durante nove días estiveron situados no Albergue de Cabana de Bergantiños (cuxa concesionaria é Alalá Terra e Son) e como remate final da súa estancia polas nosas terras da Costa da Morte, deixaron para o broche final esta visita, da cal, non coñecían a súa existencia. Todos os alberguistas viñeron acompañados dos seus monitores seguintes: Sheila Cobas, Olalla Vieiro, Inés Vieiro; Óscar Berdullas, Nerea Ferreiro, Rodrigo Tabango e Casáreo Villar que exercía de coordinador da actividade.

Por primeira vez visita o Melga un grupo de alberguistas de Brión

Temos que recoñecer que grazas á xerente da empresa devandita, Mariluz Imia Rivera, nesta ocasión foi nosa mellor embaixadora, para que puidesen coñecer o noso recinto museístico.

Despois de dúas horas e media de percorrido polas salas do museo, escoitando atentamente as explicacións do guía, de realizar as prácticas diversas sobre xogos tradicionais galegos e do mundo e sen conseguir bater ningunha marca sobre os mesmos, todos os campistas marcharon moi satisfeitos do día pasado e xa reservaron para a semana entrante, outra visita guiada con outro grupo da mesma zona de Santiago de Compostela.

Finalizada a visita guiada, o grupo desprazouse cara ao Albergue en Cabana de Bergantiños, no tren turístico, que lles estaba esperando no aparcamento do Centro Cultural de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.