Por segunda vez este año nos visita el CEIP Gándara-Sofán de Carballo (A Coruña)

Hoxe pola mañá sobre as 10,30 h. venres día 16 de xuño, visitáronnos por segunda vez neste curso (en marzo os nenos e nenas de segundo ciclo infantil de 3 a 5 anos) os alumnos/as do CEIP. Gándara-Sofán de Carballo (A Coruña) e nesta ocasión foron os discentes do ciclo 1º e 2º de infantil de 6 a 8 anos.  Os case corenta  visitantes que se achegaron á visita guiada ao MELGA estiveron acompañados polas súas titoras Paloma López, Cristina García e como responsable do grupo María José Gómez.

Con máis de tres horas de actividade lúdica práctica e algo teórica, cun breve receso dun cuarto de hora para o tentempie, todos os visitantes puideron gozar dunha mañá completa hasta as 13,30 h., de xogos, entretemento e diversión cun pouco de instrución e coñecementos.

Onte o grupo colexial do Xesús Luís Romeu de Carballo, batera o record de “castelos de pinzas para a roupa” con 20 plantas, pero pouco duroulle a dicha, xa que hoxe, un día despois, o neno de 7 anos Samuel González Rodríguez estableceu unha nova marca ao formar un edificio con 21 pisos, con base de catro pinzas. Felicidades Samuel, porque posiblemente podemos pensar que estamos ante un futurible arquitecto galego!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.