Veciños de Ribeira divirtense no Melga na súa primeira visita ó Centro Museístico Pontecesano

Onte domingo pola mañá, o MELGA de Ponteceso, recibiu a un grupo de 45 persoas da Asociación Cultural, Veciñal e Prestadora de Servizos á Mocidade de Carreira, da vila coruñesa de Ribeira, acompañados da súa presidenta Mariven Sanpedro e o seu coordinador Ramón Sampedro. O grupo, que por primeira vez visitábannos, era moi heteroxéneo, xa que había persoas maiores entre os 60 e 80 anos, mozas parellas treinaiñeros e tamén 6 nenos/as de mediana (4 nenos e 2 nenas) en idades comprendidas entre os 8 e 13 anos.

Con máis de dúas horas e media de visita guiada, e pareceulles curta, escoitaron atentamente as explicacións dadas polo guía do museo, gozaron practicamente dalgúns xogos tradicionais galegos e do mundo, cun gran interese e un “fair play” excepcional. Un grupo cualificado pola dirección como un dos mellores que pasaron polo recinto pontecesán. A súa actitude en todo momento foi destacable, polo seu entusiasmo, a súa participación, polos seus recordos, polos seus añoranzas e polas súas achegas que foron moi destacables, xa que algúns nos transmitiron varios termos sobre o mundo dos xogos da zona do Barbanza, que para nós eran descoñecidas, como: cochas, zumeiro, pada e cocheira.

Como nota curiosa e anecdótica comentamos que, entre o grupo, atopábanse os pais de dous grandes “fillos predilectos” de Carreira, como son FRAN e JOSÉ RAMÓN, futbolistas de prestixio no noso deporte galego e nacional.  Por descontado que houbo un compromiso por parte dos proxenitores “que non se podía consentir (de broma) que na galería de deportistas galegos do MELGA, non tivésemos entre as nosas vitrinas unha camiseta, unhas botas ou calquera obxecto deportivo deles”. A súa reacción e compromiso foi de inmediato e, proximamente, que non o dubidásemos, que poderiamos contar con algún recordo destes dous deportistas de elite de Carreira, cuestión que de inmediato agradecemos enormemente.

Outro dos compromisos transmitidos á dirección do museo, foi que, neste curso volverían visitarnos de novo pero achegaríanse cos seus alumnos/as dos centros docentes, pois varios dos compoñentes do grupo eran mestres/as, e que lles parecía un gran acerto en realizar esta saída ao MELGA e que o recomendarían a todas as institucións e amigos.

Despois da visita ao MELGA, pasadas as 15,00 h. da tarde, todos os visitantes desprazáronse a xantar a un restaurante da zona e a continuación seguiron a ruta do Monte Branco, Casa de Pondal, Balarés, Corme, Roncudo, etc. observando os monumentos e paisaxes tan espectaculares que achega a nosa vila de Ponteceso a todos que nos visitan.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.