Xogos de sempre no programa Espacio Educa

A próxima semana, o día 21 do presente mes de novembro-19, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), presentará unha batería de xogos e deportes Tradicións co título “Xogos de sempre” no programa que a Fundación Eduardo Pondal denomina ESPAZO EDUCA” e que a nosa entidade foi convidada para o inicio da primeira xornada deste evento lúdico-cultural.

Esta primeira xornada iniciarase ás 17,00 h. e terá unha duración aproximada de dúas horas. O local previsto para o desenvolvemento dos xogos será na planta baixa, na sala nobre da Fundación Eduardo Pondal. A actividade estará dirixida a pais, nais, profesorado e alumnos/ as e poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen, a entrada será libre e gratuíta. Dúas horas de diversión aseguradas.

Mentres se desenvolve a sesión lúdica, simultaneamente e á mesma hora pero, no Salón de Actos da Fundación, levará a cabo unha conferencia sobre o “Acceso á tecnoloxía: usos, tempos e xogos dixitais” a cargo da profesora Luz Castro. Esperámolos e quedan convidados!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.