A Universidade de Vigo (Pontevedra) únese ás visitas guiadas ao MELGA

Hoxe venres día 03 de maio-24, en xornada matinal, tivemos o inmenso pracer recibir, por primeira vez, á Universidade de Vigo (Pontevedra), e mellor aínda se cabe á Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte do devandito campus universitario.

Aínda que un día chuvioso e un longo percorrido para chegar ás nosas terras pondalianas, o grupo compoñíano unha corentena de alumnos e alumnas de 1er curso (19 anos) do Grao Educación Infantil, da materia de Educación Desenvolvimiento motor e Didácticas Especiais, cuxo titular e director do Departamento é José María (Chema) Pazos, coordinador da actividade e representante da universidade pontevedresa e con gran sorpresa, antigo alumno do director do museo Ricardo Pérez e Verdes, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia) da Universidade da Coruña, nos anos noventa.

Despois de moitos “intentos” para desprazarse a Ponteceso para visitarnos, sen dúbida por problemas administrativos institucionais, a situación favorable non se fixo realidade ata o día de hoxe. Con máis de tres horas de percorrido por ambas as salas do MELGA, os compoñentes do grupo escoitaron, moi atentamente, as explicacións e a dirección dos diversos xogos programados para a ocasión, pois dentro da súa curricula, esta sección de xogos e deportes tradicionais, son elementos básicos para un ensino global para os nosos infantes.

Segundo palabras dos asistentes a xornada fora extraordinaria e que lles “sabía“ a pouco pero esperaban algúns deles profundar na devandita entidade museística para realizar algún traballo de fin de carreira, preparación de oposicións ou algunha unidade didáctica no presente moi próximo.

Todos estaban perplexos de que houbese en Galicia un centro interactivo desta categoría na nosa vila de Ponteceso. A viaxe valera a pena! Curiosamente, como adoita pasar noutras facultades galegas, a maioría dominante do alumnado eran da rama feminina, xa que soamente eran cinco alumnos da rama masculina.

Despois de finalizada a intensa e extensa visita guiada, Chema Pazos tivo a ocasión de asinar no “Libro de Ouro” do MELGA deixándonos as seguintes palabras: Foi un pracer terte de profesor e é un gran pracer terte de mestre. És unha das persoas que contribuíron a que poida crer nun mundo mellor. Un forte abrazo, CHEMA PAZOS 03/05/24”. O noso director fíxolle entrega duns recordos e obsequios, tanto das nosas institucións como do Concello de Ponteceso. A continuación desprazáronse ao Monte Blanco (panorámica), Balarés (piñeiral) e a Corme (Roncudo), para coñecer as paraxes da nosa contorna e ao mesmo tempo repoñer forzas da sesión lúdica-cultural organizada.

Só dicir: Unha extraordinaria xornada no noso MELGA, cos futuros docentes galegos do ensino educativo público ou privado!

Alumnado de la Universidad de Vigo juegan a juegos tradicionales dentro de las instalaciones del Museo MELGA de Ponteceso

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.