Clausura da exposición “O Mundo Xira e Xira”

Despois de vinte días de exposición permanente  no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) cunha afluencia  importante, xa que pasaron pola mesma máis de cincocentas persoas e organizada pola Fundación Ricardo Pérez y Verdes, onte mércores día 30 de novembro deuse por clausurada a exposición que levaba por título “O mundo xira e xira”. Dita mostra  programouse para unha semana, pero debido á insistencia e petición de moitas persoas interesadas neste xogo milenario, prolongouse ata final de mes. Contamos con moitas persoas individuais que se achegaron á exposición, tivemos varios grupos colexiais, entre os dous últimos foron o CEIP. Baiñas de Vimianzo e o CRA. Vos Remuiños de Cabana de Bergantiños e  tamén varios grupos de adultos da Coruña e Santiago de Compostela, que horas antes do peche definitivo do certame  achegáronse á sala de exposición,  antes de dar por pechada as súas portas.

O asombro por parte dos visitantes foi enorme en todas as parcelas da mesma, pois non só encomiaban os máis de 200 gravados, fotografías, pinturas, esculturas, etc… sobre as “buxainas” a través dos tempos, senón que presenciaron a gran variedade de peonzas, trompos, perinolas e perindolas do mundo dos tres importantes coleccionistas Charo Español, Ángeles Lence e Ricardo Pérez, que lograron reunir unhas duascentas  cincuenta pezas para o goce dos que alí fixeron a súa presenza. Puidéronse observar tamén as obras confeccionadas, como recortables, pinturas, quebracabezas, peonzas naturais, etc.,  polos diferentes nenos e nenas do IES. de Ponteceso e do CRA. Eduardo Pondal (Ponteceso), que realizaron durante os talleres do Acto Central do Día do Peón en Galicia e unha selección bibliográfica de textos onde o xogo tradicional e popular aparece presente nas súas páxinas.  Como novidade nesta edición foi que, aqueles que  se achegaban ao certame en grupo, podían facer unha práctica con aquelas pezas que máis lle impresionaron, por exemplo “bailar” peonzas sen fin, levitantes, antropomorfas, tuneadas, de látigo, de presión, musicais,  luminosas, etc.

Podemos sen temor a equivocarnos que o éxito, nesta ocasión, foi moi superior (quinta edición) das anteriores e xa estamos a gardar as buxainas “Polo San Antón peóns ou caixón” e retomando con moitas ganas para superarnos de novo, o “Polo San Martiño, Buxainziño peóns ou camino” do próximo ano 2017.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.