Coa nova fase do Estado de Alarma, o Melga abre as súas portas ao público

O MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, desde hoxe luns 18 de maio, con motivo de que a nosa comunidade autónoma pasa á primeira fase do confinamento, abre as súas portas de novo para recibir a todas aquelas persoas, que de forma particular ou xeral, poidan gozar das nosas salas expositivas. As visitas para grupos aínda non se poderán realizar de forma guiada.

O horario para este mes de maio será soamente de mañá de 10,00 a 13,00 h. de luns a venres. O museo manterase pechado as fins de semana. No próximo mes de xuño, seguramente, o horario de visitas sufrirá algunha modificación que iremos informando a todos os interesados.

Polo ben de todos, será necesario respectar as normas gobernamentais establecidas (hixiene, distancia e número de persoas), pedíndolles as desculpas correspondentes a tales circunstancias.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.