Medio de centenar de alumnos/as do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Betanzos disfrutan dunha xornada lúdica-cultural no Melga

Despois de dous anos de ausencia, este ano 2017, o Colexio A Nosa Señora do Carmen de Betanzos (A Coruña),  visítannos por segunda vez, con medio centenar de alumnos/as de primeiro e segundo de primaria infantil (6 e 7 anos), coas súas profesoras/titoras Beatriz Casanova e Cristina Martínez, acompañadas pola profesora en prácticas Ainhoa. Con dúas horas de visita guiada, realizaron diferentes prácticas de xogos tradicionais, así como escoitaron as anécdotas e explicacións que o guía do museo informáballes con moito detemento. Tentáronse bater algúns das marcas establecidas ata o momento, por outros alumnos/as dos diferentes colexios que nos visitaron, pero nesta ocasión non foi posible. Ao grupo pareceulles un pouco corta a visita e os xogos que máis lles agradaron foron o tirafungueiro, o varapau, o sapo, a estrela e o balero ou boliche.

Este centro privado coruñés, é un dos visitantes asiduos ao museo, pois tanto o colexio da Coruña (Grande Obra Atocha), como o de Pontedeume (Goa Pontedeume) e  o de Rianxo (Nosa Señora do Carmen), teñen como excursión obrigada, dentro das súas actividades extraescolares, asistir a unha sesión teórico-práxica  ao MELGA todolos anos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.