O VI Abierto de Billa de Ponteceso finaliza con Xosé Collazo e o Equipo Campo da Feria como campions do torneo da derradeira xornada da Liga

Na mañá de onte domingo día 20 do presente mes de maio, ás 11,00 h. no campo de xogos do MELGA (Centro Cultural) de Ponteceso tivo lugar a VI edición do ABERTO DE BILLA E XV (ÚLTIMA) XORNADA DA LIGA NACIONAL DE BILLARDA, organizado pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes, a Confederación Noroeste, a liga Nacional de Billarda, o MELGA e a imprescindible colaboración do concello de Ponteceso, que prestou as súas instalacións deportivas e acondicionou o campo de lanzamentos, nas mellores condicións para o desenvolvemento do xogo.

 

Con 29 concursantes en competición (22 homes, 4 mulleres, 3 nenos) e un día asollado, a organización distribuíu en dous campos de xogo, catro grupos de 8 compontes cada un deles. Os equipos participantes foron 5 dos seguintes municipios: Campo dá Feira-Paiosaco, Cochikeiros (Cerceda), APB Santa Marta (A Laracha), Filloas de Sangue (A Coruña) e Malpica- Billarda. Despois de tres horas de xogo os diferentes vencedores foron: Campión Absoluto Xosé Berdillo do equipo Cochikeiros de Cerceda; Subcampión foi Juan Carlos Cancela do Campo da Feira-Paiosaco e Terceiro clasificado para Marc Varela do Campo da Feira/Paiosaco. Na categoría feminina a campioa absoluta foi Mariña Pena. O campión infantil menores de 14 anos foi para Marc Varela.

 

Despois de levar, con esta de hoxe, seis (6) edicións, temos que resaltar que, inexplicablemente, non tomaron parte neste IV Aberto de Ponteceso ningún participante do concello pontecesano.

visita-al-melga-ponteceso

Despois desta última xornada de Liga, as clasificacións finais desta tempada 2017-18, foron as seguintes: campión absoluto con 323 puntos para Xosé Collazo de Paiosaco; subcampión para José Gándara da Coruña con 249 puntos; terceiro clasificado Eduardo García con 244 de Paiosaco. O categoría feminina campioa foi Merche Castro con 155 puntos da Laracha, subcampiona Mariña Pena de Malpica con 95 puntos e terceira clasificada Aurelia Caamaño de Paiosaco con 72 puntos. Categoría infantil Abel Ponche con 101 de Paiosaco, Marc Varela con 98 de Paiosaco e Miguel Cancela con 62 puntos de Paisosaco. O campión absoluto por equipos foi para o Campo da Feira de Paisaco con 1.120puntos, segundo posto para APB Santa Marta (A Laracha) con 851 puntos, terceiro clasificado para Filloas de Sangue (A Coruña) con 685 puntos e cuarto clasificado para Malpica Billarda 572 puntos e quinto lugar para Cochikeiros de Cerceda con 363 puntos. En varados (un solo golpeo) o campión absoluto foi para Xose Collazo do Campo da Feira/Paiosaco con 11, subcampión para Xulio Ponte da Campo da Feira/Paiosaco con 7 y terceiro clasificado para Xan Rodiño da Lúa de Forza/Sansenxo con 4 varados.

 

 

Finalmente, entregáronse aos vencedores (no hall do MELGA os premios logrados no Aberto e na Liga) unhas esculturas artesanais, feitas en madeira, realizadas polo veterano “ billardeiro” Gándara que doou ditas obras de arte a todos os campións, así como a Fundación eo MELGA que doaron os trofeos correspondentes aos campións, subcampións , terceiros clasificados e trofeos especiais para o home ou muller máis veterano/a, para o xogador/a máis novo e para a campioa infantil feminino.

ganadores-liga-billarda-ponteceso

O vindeiro domingo día 27 de maio, no campo de fútbol do Atlético Fátima O Castiñeiriño de Santiago de Compostela, desde as 11,00 h. ata as 20,00 h. levará a cabo o Play- Off Nacional-2018 (Campionato Galego) en todas as categorías, onde competirán os mellores xogadores/as e equipos representantes das tres Confederacións Galegas: A Noroeste, Norleste e rias Baixas. Desexamos que o tempo lles acompañe e que gocemos do gran Día da Billarda en Galicia. Esperamos a súa asistencia e quedan todos convidados a participar ou para competir.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.