Segunda sesión matinal ao MELGA do gupo de “medianos” do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso

Despois de rematada a primeira sesión ás 11:30 h., cos “pequenos”, deuse inicio á  SEGUNDA VISITA  co grupo de “medianos” de 4 e 5 anos de idade que viñan acompañados das súas profesoras-titoras  Rocío Alvarellos, Noemí Zubieta, Saray Constantino e Beatriz Méndez que exercía de responsable do grupo e organizadora da actividade museística. O grupo estaba formado por 30 nenos e nenas.

Para esta sección de primaria, era a súa segunda ocasión en visitarnos, xa que o ano pasado achegáronse ao museo, pero só dábanos tempo a ver a primeira sala. Por tanto, a sesión iniciouse na segunda sala, a de Historia do xogo e o deporte a través dos tempos que descoñecían, aínda que se comezou como recordatorio con algúns xogos da primeira. Como era de supoñer, para eles, foi máis práctica que teórica, aínda que houbo un pouco de todo. Tamén o grupo gozou amplamente de todos os xogos ensinados.

Sobre as 13,30 h, deuse por finalizada a sesión, que como poden supoñer, ninguén quería abandonar, pero o autobús e o xantar esperaban por eles no centro escolar. Moi participativos, disciplinados e moi competitivos.

Despedíronse do guía do museo, esperando volver para o ano entrante, porque lles gustaba moito o MELGA. Unha xornada intensa e moi pracenteira.

Niños en el Museo Melga jugando

Foto de familia de niños del CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso en el Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.