Onte día 26, último domingo do presente mes de abril-24, celebrouse na emblemática Praza de María Pita da nosa cidade, onde se atopa o marco incomparable do Concello da Coruña, da vixésimo novena edición da “ XXIX Carrera Alternativa Coruñesa”, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), co título de “Más Igualdade e inclusión”.
Aínda que o inicio da mañá, a organización do evento non as tiña todas consigo, pola incerteza de que non se puidese realizar a gran festa do “Deporte para Todos”, debido aos nuboeiros insistentes que ameazaban unha copiosa chuviosa, a partir das 11:00 horas, deuse o pistoletazo de saída e toda a mañá discorreu cun sol espléndido para o desenvolvemento da mesma.
Cunha masiva participación, a organizacióne a prensa infórmanos que foi próxima ás 2.000 persoas as que pasaron polo recinto nas diferentes atividades, aínda que segundo o presidente da institución organizadora Eduardo Blanco considerou que baixara un pouco a asistencia, seguramente polas inclemencias do tempo e unha matinal para o desenvolvemento dunha actividade físico-recreativa-lúdico, arrincou a carreira alternativa, con saída e chegada na praza, con participantes de todas as ramas e idades polas vías principais da cidade, onde non faltaron á cita dos 7 quilómetros establecidos, facendo a mesma correndo, andando, en patíns, patinetes, en bicicletas, en cadeiras de rodas adaptadas, etc.
Coa chegada do último participante á praza do concello, sobre as 12:30 h., principiou a gran festa do xogo e do deporte alternativo, con diversas actividades entre as que destacamos: zoa, recuncho de péquelos, ociobox, malabares, rugby, xogos de raqueta, RCP, tenis, lacrosse, mazaball, gymcana ciclista, boxeo, etc. e que por primeira vez, despois de case trinta anos, foi convidada a esta convocatoria o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).Fundación Ricardo Pérez e Verdes, para presentar os “Xogos de taboleiro ou mesa da antigüidade”.
O MELGA presentou, no espazo habilitado para iso, xunto á estatua de María Maior Fernández de Cámara Pita (María Pita) ante os cidadáns coruñeses e moitos estranxeiros (xa que se atopaba no porto un transatlántico con turistas) os xogos seguintes: O xogo real de Ur (mesopotámico), o senet (exipcio), o ludo (inca), o go (xaponés), o alquerque (medieval), o tablut (escandinavo), o komican (maya), cans e chacales(exipcio), carrom (hindú), pateia (grego), abacum claudere (romano), wari (africano), os castelos de mazorcas e pinzas, o balero, os imáns, a hélice, a catapulta etc.
Pasaron tantas persoas (nenos, novos e adultos) polas mesas de xogos, que nalgunhas ocasións, tívose que esperar quenda, pois todos atopábanse interesados naqueles descoñecidos para eles, practicalos e coñecer as regras do xogo con Ricardo Pérez e Verdes director e fundador do museo. A cada participante entregóuselle un boleto para o sorteo duns premios, ademais do díptico do museo, situado en Ponteceso.
Foron moitísimas as persoas interesadas por coñecer o noso centro museístico e outros que xa o coñecían, facíanse eco das recomendacións para visitarnos. Aproveitando as datas próximas con varios días festivos que se aveciñan no mes de maio, informóuselles a todos os , que o día 1 de maio (Día do Traballo), día 17 de maio (Día das Letras Galega), 18 de maio (Día dos Museos) e 19 de maio (Domingo), o MELGA abrirá as súas portas en xornadas matutinas e vespertinas de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. a excepción do domingo soamente en sesión matinal, ademais todos os días ás 11:00 h. realizarase unha visita guiada, cando o grupo fórmeno 15 persoas.
Cara ás 14:00 h. finiquitó a xornada e a continuación realizáronse os sorteos para premiar aos participantes con senllos obsequios, facendo entrega dos mesmos as autoridades públicas (concelleiros concello), empresas (patrocinadores), organizadores (AGAXEDE) e Ricardo Pérez e Verdes como convidado especial. Clausurou o acto Eduardo Branco presidente da Asociación Galega de Xestión Deportiva, convidando a todos os presentes para que o 2025 fose moi excepcional (cumpriranse os 30 anos da carreira alternativa), que os acontecidos durante estes anos.
Éxito total, un día espléndido, unha organización impecable, un gran ambiente, moita participación, uns voluntarios excelentes, a Policía local coa súa vixilancia, Protección civil coas súas atencións, pero sobre todo,… un lugar amplo e espectacular como é a Praza de María Pita e a súa bellísimo concello. Que máis se pode pedir!
Leave A Comment