O MELGA participa no Festival Internacional Games Month

O vindeiro sábado día 18 do presente mes de novembro-23, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desprazarase á Coruña, ao ser convidado pola organización dun magno acontecemento denominado “International Games Month” (Mes Internacional dos Xogos), que se celebrará na Biblioteca Municipal (antigo Arquivo de Galicia), na rúa Durán Loriga, de 10,00 h a 14,00 h. en sesión matutina.

A xornada lúdica realizada todos os sábados deste mes de novembro, corresponde á terceira sesión, con diversas actividades como mesas redondas, roteiros sobre tendas do barrio e xogos pequenos e nós, a que especificamos como a de Xogos e Deportes Tradicionais antigos de Galicia e do Mundo e a Asociación Draco cos Xogos Modernos.

Por tanto, todos aquelas persoas (pequenos, adultos e maiores), que estean interesadas neste evento, de maneira gratuíta, poderán gozar dunha sesión, sen dúbida moi recreativa e espectacular. Todos os xogos aplicados serán dirixidos por monitores especializados na temática. Esperámosvos! Sen dúbida será unha xornada lúdica extraordinaria

Detall del mes internacional dos xogos 2023 Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.