O CEIP. RAMÓN DA SAGRA VISÍTANOS POR PRIMEIRA VEZ

Despois de moitos intentos para poder achegarse ata o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e realizar unha visita guiada, hoxe venres día 02 de xuño-23, recibimos finalmente a un grupo de cincuenta alumnos e alumnas do centro docente CEIP: Ramón da Sagra da Coruña, un referente no sistema educativo coruñés de primeiro nivel que, pisaron por primeira vez, dous grupos de segundo de primaria (A e B), en idades de 7 e 8 anos. Acompañábanlles as súas profesoras-turoras Pilar Follea e María José Reija que coordinaba e era a representante do centro e Pilar González Fontenla, que era a intérprete de signos, xa que no grupo estaba integrado dun neno xordo e outro con problemas de autismo. 

Como anécdota reseñable, podemos comentar, que devandito centro público docente foi pioneiro na Coruña en levar o patrimonio lúdico aos seus patios de recreo, xa que os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia), onde impartía clases como profesor Ricardo Pérez e Verdes, realizaron durante varios anos, a través dun convenio entre a Universidade e a Consellería de Educación, as súas prácticas docentes de Xogos e Deportes Tradicionais, pero en cambio non viñeran nunca ao museo, ata o día de hoxe.

Máis de tres horas durou a visita guiada, onde todos os discentes que nos visitaron, eran netamente e altamente competitivos e iso de só en “participar” non lles satisfacía. Todos os xogos planificados para a sesión, tivéronse que repetir en varios ocasións xa que uns a outros se desafiaban e retaban permanentemente. O tempo dispoñible pareceulles moi xusto segundo a opinión xeral. 

Segundo comentounos Ricardo, “que comprobara con satisfacción, a perfecta inclusión destes dous nenos no grupo, pero o impresionante fora ver participar nos xogos programados ao neno autista, que con gran curiosidade e interese, desexaba unha e outra vez repetir e repetir os xogos”. Tamén expresou o noso director, “que a maior alegría da súa vida educativa, foi a de observar ao neno sordomudo cando “escoitou” por primeira vez na sesión, a música emitida polas buxainas musicais alemás de hojalata, cunha explosión corporal inmensa de alegría. Foi sen dúbida unha día dunha emoción indescritible”. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.