O centro docente arteixán Ponte dos Brozos repite visita por segundo día consecutivo

Se o día anterior xoves (04/05/23) recibiamos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a un grupo escolar de case oitenta persoas, entre alumnos, alumnas e profesoras de cuarto de ensino primario (4ºA-B e E) do CEIP Ponte dos Brozos, da localidade de Arteixo (A Coruña), hoxe venres, correspondeulles aos grupos que restaban de 4º C e D, para dese xeito, pechar o ciclo completo de discentes deste nivel escolar do centro arteixán. O grupo de cuarto de primaria ao completo. Con eles, a cifra total de visitantes, durante dous días, alcanzou as 130 persoas (120 alumnos/as e 7 profesoras).

Os visitantes nesta ocasión, eran dous grupos de ao redor de sesenta alumnos de 9 e 10 anos de idade que todos eles viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Mónica Sanjurjo, Beatriz Suárez e repetía a profesora de educación física Susana Esmorís, organizadora e representante do centro docente.

Aínda que a xornada planificada, aínda resultaba curta, polo menos púidose axustar máis que a do día anterior, non contando cos problemas estruturais que tiveran (autobús, hora de saída etc.) pois neste día, axustouse máis á realidade no caso do inicio da sesión lúdica, aínda que co mesmo problema da súa saída temperá do museo, xa que tiñan que chegar ao colexio para a hora do xantar.

Alumnos do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo practican xogos tradicionais no Museo MELGA ante a atenta mirada dos seus compañeiros

Dous grupos destacados tanto no seu comportamento, participación e interese, superando nalgúns ocasións, aos tres grupos do día anterior, aínda sendo estes magníficos. Participaron con máxima atención nas sesións teóricas e práxicas, competindo en enfrontamento limpo en todos os xogos programados para a sesión lúdica. A parte práctica de xogos de exterior foron dirixidos pola profesora Manuela Vázquez Coto, casualmente compañeira de estudos e profesión da representante do centro escolar Susana Esmorís. Non lograron establecer ningunha marca destacada nos xogos realizados, aínda que o tentaron con todas as súas habilidades pero… non se conseguiron, iso si, achegáronse moitísimo nalgúns deles.

Do mesmo xeito que o día pasado, a segunda sala, a da “Historia dos Xogos e Deportes a través dos tempos”, estivo marcada por unha visión moi superficial e moi rápida. A nena Zaida Domínguez de 10 anos foi, nesta xornada, a campioa da visita, recibindo de mans do guía e creador do museo os agasallos correspondentes. Tanto profesoras como alumnos/as prometeron ao noso director Ricardo Pérez y Verdes regresar de novo, tanto cos mesmos grupos para ampliar e visitar o museo na súa totalidade e se non, con grupos diferentes, xa que a visita era moi recomendable, divertida e moi atractiva. Sen dubidalo, podemos comentar que, recibimos nestas dúas xornadas (xoves e venres) un centro docente, o do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo (A Coruña), como un dos grupos escolares modélicos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.