O Colexio British International School da Coruña regresa por sexta ocasión a unha visita guiada

O centro escolar privado do British International School da Coruña, regresa a unha visita guiada ao noso museo, hoxe martes día 14 do presente mes de novembro-23. Como curiosidade, o ano pasado 2022, o 20 de decembro este centro escolar tivo a honra de pechar as visitas guiadas para grupos docentes. A visita corresponde á súa quinta ocasión que recibimos a este centro docente, a través dos dez anos da nosa asistencia, pódese dicir, que é un “fixo” de cada tempada en chegar á vila de Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), ano tras ano.

O grupo compoñíano alumnos e alumnas de 2º de ensino infantil (4 anos) e viñan acompañados polas súas profesoras Nicola Jefen, Maribel López, Georgie Hatvani e Suellen Balado que representaba ao grupo e organizadora da actividade extraescolar. En total foron máis dunha trintena de visitantes entre docentes e discentes.

É digno de mención o resaltar que sendo uns nenos e nenas tan pequenos, as dúas horas e media do percorrido polas salas de exposición, foron constantemente moi participativas, ordenadas e moito interese nas explicacións dadas. A disciplina “palpábase” en todos os momentos da sesión. Escoitaron, preguntaron, xogaron, divertíronse… sempre na máis estrita orde. Asombroso! Como anos anteriores, todos os nenos/as falaron indistintamente nos dous idiomas oficiais do centro: inglés e español.

Finalizada a visita guiada ao museo e como clausura do mesmo, Ricardo Pérez e Verdes, acompañou a toda a expedición ao exterior do Centro Cultural e brindouselles a ocasión de coñecer “in situ” a magnífica colección que posuímos no campo de xogo, de once murais de azulexos sobre os “Xogos e Deportes Tradicionais”, obras seleccionadas e finalistas dos diferentes centros escolares da Costa da Morte, patrocinadas pola Fundación Subministracións LAREIRA de Cee e cedidas polo gran empresario, filántropo e mecenas Gonzalo Rodríguez.

Despois da visita guiada ao museo, o hall do Centro Cultural serviu de “puntual e imprevisto” comedor (diluviaba neses momentos), para repoñer as forzas da ampla sesión teórico-práctica que realizaran.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.