O Melga no especial de turismo da Costa da Morte

Dado o comezo do período estival do presente ano 2018, o xornal La Voz de Galicia do día de onte 31 de maio-18, entregou coa información xeral diaria, un suplemento Especial de Turismo na Costa da Morte, titulado “Costa da Morte”, que obsequiou a todos os seus lectores, cunha tirada para toda Galicia. O feito importante é que, por primeira vez, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) aparece no devandito folleto publicitario e non só unha vez senón en catro apartados, no de Cultura, no mapa de Lugares-praias, no autocaravanismo e o de Museos.

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o seu Padroado, desexa expresar por tal motivo, o agradecemento máis sincero, tanto ao medio de comunicación e ao Concello de Ponteceso, polo recoñecemento que do museo consideran teñen, como un valor en alza e un referente museístico, tanto en Galicia como no mundo, publicitando nas súas páxinas, como un dos lugares posibles visitables, que non se debe perder ningún viaxeiro que pase por estes bellísimos recunchos que a Costa da Morte ten.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.