Presentación dun libro de xogos tradicionáis na Deputación de Lugo

Na sala de conferencias da Deputación Provincial de Lugo, chea ata a “bandeira”, onte ás 20,00 h. da serán, presentouse o libro “Xogos para casa e espazos reducidos. Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”, editado polos Servizos de Publicacións da Deputación de Lugo e cuxa autoría son os membros do Observatorio do Patrimonio Lúdico Gallego.

A primeira en tomar a palabra no acto da presentación foi a vicepresidenta Tareixa A. Ferreiro Tallón en nome da Deputación deu a benvida a todos os presentes,  a continuación fíxoo Paco Veiga en nome do Patrimonio Lúdico Gallego, seguidamente Noelia Darriba representante de Xotramu, Manuela Vázquez Coto como portavoz da Universidade da Coruña e finalmente o ilustrador Iván Mouronte.

Presentación dun libro de xogos tradicionáis na Deputación de Lugo

Cada un deles expuxo os seus puntos de vista, tanto da perspectiva institucional como privada, así como as súas funcións con respecto á edición do texto. A deputada conselleira Tareixa Ferreriro presentou as vicisitudes e inconvenientes acaecidos durante un longo tempo para a súa publicación e ao mesmo tempo que a institución se atopaba moi satisfeita por conseguir o fin proposto. Pola súa banda Paco Veiga agradeceu á Deputación o esforzo e interese no proxecto, así como a todos as persoas e entidades que achegaron un excelente traballo para que vise a luz este traballo. Noelia Darriba expuxo todo o proceso de elaboración, correccións, contactos, etc.; Manuela Vázquez Coto fixo referencia aos apartados e seccións do libro, así como da taxonomía dos xogos que aparecen no mesmo e Iván Mouronte expuxo as dificultades que lle xurdiron nas ilustracións, xa que pretendía que as mesmas fosen moi sinxelas, que os xogos fosen recoñecibles e atractivos para os lectores.

Non queremos deixar pasar por alto o gran labor desempeñado pola Asociación Xotramu de Muimenta (Lugo) e a súa “alma pater” Xosé Lombardero, pola organización deste acto, así como polo pertinaz traballo, insistencia e relación con diferentes membros da Deputación lucense, e como non tamén ás entidades e persoas pertencentes ao Observatorio do Patrimonio Lúdico Gallego, que naqueles momentos tan duros da pandemia, achegaron os seus saberes para que todos os nenos, nenas, novas e persoas adultas e maiores do noso país galego, puidesen entreterse nos seus longos días de enclaustramiento nas súas casas .

O noso merecido recoñecemento a todos aqueles que fixeron posible a selección e adaptación dos xogos que aparecen neste recompilatorio: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT); Apolinar Varela, investigador da Universidade de Navarra; Asociación de Xogadores de Chave de Santiago; Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRMU); Manuela Vázquez Coto Investigadora Universidade da Coruña, Brinquedia. Rede Galega do Xogo Tradicional e ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).

O poder de convocatoria que conlevou a presentación deste primeiro libro sobre xogos tradicionais en Galicia, marca un antes e despois, xa que se reflectiu pola inmensa cantidade de público asistente ao acto. Non faltaron profesores, mestres, políticos, investigadores, asociacións, federacións, artesáns, empresarios fabricantes de xoguetes… e moito público en xeral interesados na temática tratada.

Presentación dun libro de xogos tradicionáis na Deputación de Lugo

Finalizado o acto, en nome da Deputación de Lugo, fíxose entrega a cada asistente ao acto dun exemplar gratuíto, cuestión que os presentes agradeceron enormemente. Outra da misión da entidade será obsequiar un exemplar a todas as bibliotecas escolares, públicas e privadas galegas.

Leste mesmo acto, como o realizado onte en Lugo, levará a cabo por todo Galicia e nestes momentos, as sedes próximas seleccionadas serán Ferrolterra, Santiago, Melide e Ponteceso. As datas daranse a coñecer prontamente a través das redes sociais e medios de comunicación oral e escrita.

Como curiosidade sobre este cuestión debemos comentar que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) propuxo no seu tempo ao concello de Ponteceso e á Deputación da Coruña, para que este publicación levase a cabo no noso museo, pero non frutificou polo desinterese por parte das institucións públicas coruñesas e ao final o “gato á auga” levoullo XOTRAMU, Muimenta e a Deputación de Lugo, sen dúbida moi merecidamente. Felicitacións!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.