Reunión de Entidades galegas do Patrimonio Lúdico de Galicia en Santiago de Compostela

En Santiago de Compostela celebrouse, a terceira reunión de Entidades galegas relacionadas co Patrimonio Lúdico de Galicia, no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).

Á reunión asistiron as entidades e persoas seguintes: O MELGA, A Fundación Ricardo Pérez e Verdes, Brinquedia, José Manuel Barreiro; Manolo García, AGXPT, Paco Veiga, Charrancas, Etnoga e Carmela Sánchez.

Desculpan a súa asistencia: XOTRAMU, Javier Rico, Apolinar Graña, Xabier López, Antón Cortizas, e Ánxela.

Os temas tratados foron moi diversos, é dicir: futuras publicacións dos Bolechas e os xogos Tradicionais; realizar unha ampla listaxe de entidades na actualidade que estean a traballar en Galicia por e para o xogo e deporte tradicional; lectura e estudo de dous ensaios escritos, un sobre “Brincar a ser” de Antón Cortizas e “Xogos e deportes tradicionais para a promoción dá convivencia e a actividades física infantil en Galicia” de Apolinar Graña; formación de profesorado e voluntarios sobre o xogo e o deporte tradicional; relación da nosa entidade e o Consello de Cultura Galega, investigación no campo lúdico galego; proxecto educativo nas escolas sobre o xogo e deporte tradicional e obradoiros de xoguetes en todos os centros educativos.

En canto ao MELGA encargóuselle o tema de realizar un logotipo representativo da nosa entidade, tendo como modelo algunhas figuras de barro de Buño, comentouse o estudo investigativo do director do museo Etnolúdico de Galicia que está a levar a cabo sobre “Un estudo lexicográfico lúdico da Costa da Morte” e finalmente expúxose todos os trámites realizados ata a data sobre a Asamblea, Congreso e Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Europeos no Camiño de Santiago do próximo ano 2017 concedido á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao MELGA de Ponteceso.

Con este último tema concertáronse varias reunións próximas, para tratar da colaboración de todos para este evento de gran magnitude para toda Galicia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.