Celebración exitosa do San Martiño no Melga co VI Festipopeóns

Onte sábado día 11 de novembro celebrouse no Museo Etnolúdico de Galicia(MELGA) a sexta edición do FESTIPOPEÓNS do concello de Ponteceso. Desde as 11,00 h. ata as 14,00 h. no Centro Cultural do municipio, levou a cabo as diferentes actividades que programara e organizara a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, con motivo da festividade de San Martíño patrón dos “peonceiros” do mundo. Con gran asistencia de público e participantes, iniciouse a xornada cos concursos de habilidade, precisión, resistencia e trucos de peonzas.  Nesta ocasión o campión do ano anterior José María Carrillo, deixou paso a Manuel Pastoriza (72 anos) de Tella (Ponteceso) como vencedor absoluto de todos os concursos. En segundo lugar como campiona absoluta quedou María Cruz (Crucita) Varela (79 anos) da Trabe (Ponteceso). Excelente tiradora de peonzas! e en terceiro lugar absoluto Adrián Ures (13 anos) tamén de Ponteceso.   Os vencedores individuais das probas foron: Manuel Pastoriza en Habilidade; en resistencia Crucita Varela; en Precisión Adrián Ures e finalmente en trucos Aaron López. A continuación fíxose o lanzamento global de todos os participantes, para bater a marca do ano anterior con 52 peonzas bailando ao mesmo tempo , pero non se puido alcanzar o obxectivo desexado.

 

Celebración exitosa do San Martiño no Melga co VI Festipopeóns

 

Seguidamente inauguráronse as dúas Exposicións sobre “O mundo vira e xira” e “Un xogo milenario nas Belas Artes” por parte do presidente da Fundación e deuse lectura de viva voz por varios dos presentes (nenos/as e persoas maiores) de autores tan coñecidos como Quevedo, Octavio Paz, Machado, Góngora, etc. que todos facían referencia nas súas obras ás peonzas, trompas, perinolas e perindolas. Ás 13,00 h. en punto, a profesora e escritora Mercedes Queixas Zas, leu o magnífico e emotivo escrito do Manifesto do Día do Peón 2017 que escribira para a devandita conmemoración. Podes descarregar eiquí o manifesto completo.

Finalmente fixéronse entrega dos trofeos aos vencedores e a Mercedes Queixas, obsequioulla cunha placa conmemorativa da devandita xornada e todos os participantes cantaron ao unísono a canción do grupo ourensán Ourensons “Coma o trompo”, dando por clausurado o VI Festipopeóns e emprazando a todos os asistentes, para o encontro do ano que vén.

Leave A Comment