Inícianse as visitas guiadas no MELGA con novo horario de inverno

Este luns día 23 de outubro do presente ano-23, deu inicio o novo Horario de Inverno, despois do período de descanso estival, do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) , situado na vila de Ponteceso. Aínda que seguirá cunha apertura restrinxida, as visitas guiadas manteranse a solicitude dos usuarios, en cambio pechará durante este período todos os días, incluídos as fins de semana para visitantes particulares ou pola súa conta, debido á falta de persoal do museo

A dirección do MELGA comprometeuse e farase cargo de todas as visitas guiadas, xa que algunhas reservadas solicitáronse na finalización do curso escolar e das posibles reservas a partir desta semana. Podemos informar que, para non perderse as xornadas de final de curso, moitos centros docentes, xa se preocuparon de efectuar a selección dos seus correspondentes reservas para os meses de abril, maio e xuño do próximo ano-24.

Unha das reservas solicitadas antes do período vacacional estival, atopábase o CEIP: de Caión-A Laracha (A Coruña), que era a súa primeira vez en visitarnos e que recibimos hoxe mércores día 25 de outubro en xornada matinal, cun grupo moi heteroxéneo pero moi amplo, foron preto de 80 nenos de 1º a 6º de ensino infantil e primario entre os 3 e os 11 anos de idade. Viñan acompañados dos seus pofesores titores Noemí Romay; Mariló Escuredo; José Carballido; María Varela, Ana Mallo e Pablo Fuentes que realizaba as funcións de coordinador de grupo. Casualmente devandito profesor fora alumno do noso director na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, facía moitos anos.

Como é costume con grupos numerosos, o gran grupo foi subdividido en dous subgrupos, formando un cos discentes de infantil (péquelos) e outro cos de primaria (infantil). O noso guía-director estivo acompañado na visita guiada pola profesora Jessica Pouse que estivo a cargo das prácticas dos xogos e deportes tradicionais da xornada lúdica.

Tanto alumnos como profesores, que nunca estiveran no MELGA, segundo as súas palabras, o percorrido polas salas museísticas, consideraban que fora unha xornada inesquecible e moi entretida e que por suposto caluga pensaron que houbese tantas pezas en exposición tan extraordinarias. En referencia á sesión práctica resultáralles moi entretida, recreativa e ao mesmo tempo competitiva, sacando a relucir en moitos deles as súas habilidades técnicas en vos diferentes xogos presentados. Aínda que o tentaron, non obtiveron ningunha marca destacada, nin romperon ningún record, pero o que se houbo foi campión da visita e posuidor dos agasallos de xogos tradicionais que ten establecida a dirección do museo. Nesta ocasión o premio foi para o neno de 6 anos Daniel Lois de primeiro de ensino primario. En xeral todos comentaban que llo pasaron “guay”.

Co CEIP. de Caión damos por iniciada a tempada invernal deste ano 2023-24 con visita guiadas ao MELGA en Ponteceso. Esperámosvos e realizar as reservas prontamente!

Lembramos a todos os usuarios o Horario de Inverno, mentres non se solucione o tema de persoal, o MELGA só abrirá as súas portas a visitas guiadas, todos os días da semana, incluído os sábados e domingos, baixo a obrigatoriedade de cita previa e cunha semana de anticipación, As visitas libres ou pola súa conta non poderán realizarse ata novo aviso. Rogamos disculpas ditas molestias.

Niños juegan en el museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.