Un fito semanal de visitas guiadas no MELGA

Despois de oito anos do comezo da andaina do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, onte venres día 8 de abril do presente ano 2022, o noso museo logrou un fito destacable e este non é outro que alcanzamos PLENO en visitas guiadas, con grupos escolares participantes durante todas as mañás desta recentemente finalizada semana.

Pasaron polas instalacións museísticas preto de 300 nenos e nenas dos centros escolares da provincia coruñesa, acompañados de 21 profesores e profesoras. Os grupos correspondían aos centros da Coruña (CPR Andaina Sociedade Cooperativa Galega (2) e Hijas de Cristo Rey); CPI As Revoltas de Cabana de BergantiñosCEIP San Vicenzo de Vimianzo. Fóra deste último centro escolar, que era a súa primeira vez en visitalos, os demais centros era xa a súa décima vez (Andaina), quinta vez As Revoltas e a cuarta vez para o Cristo Rey.

O motivo de tanta asistencia ao museo, cremos que viña dada, por estes últimos anos de restricións pandémicas sen poder saír de excursións en grupos numerosos e seguramente como resultado de finalizar o cuadrimestre e dar comezo ás merecidas e vindeiras vacacións de Semana Santa. Tampouco deixaron de visitarnos, sobre todo polas tardes, persoas doutras comunidades que daban así comezo dos seus percorridos turísticos primaverais do ano.

A Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o seu Padroado, senten inmensamente agradecidos pola excelente acollida que segue mantendo, ano tras ano, este pequeno museo pontecesán e desexamos que esta Semana Santa sexan moitos os visitantes que nos visiten e que este 2022 sexa superior que o ano anterior 2021, pois logramos outro feito inmenso de participación, o mellor desde a nosa posta en marcha do MELGA.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.