UNHA VISITA INTERXERACIONAL CHEGA AO MELGA DESDE ARTEIXO

Unha visita guiada moi especial recibimos onte xoves día 01 do recentemente estreado mes de xuño-23, conformaban o grupo máis de medio centenar de visitantes (62), na súa maioría avós e avoas, aínda que tamén algún pai e nai e os correspondentes “bebes” da Escola Infantil Ou Berce Vos Gosendes SLU. do municipio coruñés de Arteixo. Todos eles acompañados polas profesoras Alba García, Andrea Carballeira, Tanara Barreiro, Maria Carmen Veiga e como directora do centro e organizadora da actividade Lorena Souto. 

Un grupo inmensamente heteroxéneo, contando con persoas maiores, algunhas (poucas) mozas e os demais eran nenos en cadeiras de rodas de meses ata os “maiores” que eran entre os 2 e 3 aniños de idade. Unha xornada complicada, xa que todos os xogos prácticos e a teórica adoptáronse a cada sección, para que todos comprendesen o que alí se realizaba. O único que non estivo á altura foi a pouca dispoñibilidade de tempo dedicado á visita, aínda que se percorreron as dúas salas expositivas, nunha hora e cuarto, é difícil de aglutinar todo o que alí se expón, pero foi unha aventura moi interesante e cremos que se saíu airoso. 

En expresións dos propios visitantes, ao final a visita guiada, todos solicitaban se se podía volver particularmente pola súa conta, xa que lles resultou moi curta e sobre todo os avós e avoas, tiveron que dedicarse máis aos seus netos e netas que a atención que deberían atender ás explicacións do guía e director Ricardo Pérez e Verdes. Así que, aos que o desexen esperámoslles cos brazos abertos para que se empapen ao máximo do noso museo. Unha xornada moi especial e dificultosa na súa execución pola problemática anteriormente dita. De todos os xeitos, xa que era a primeira vez que coñecían o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, a súa impresión foi inmellorable e sorpresiva.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.