Máis de cen estudantes de infantil de Tarrío-Culleredo arribaron ao MELGA

Aínda que varios anos atrás, o CEIP. Plurilingüe Tarrío-Culleredo (A Coruña), fixáronse en desprazarse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), non foi ata o día de hoxe venres día 10 de novembro-23, en sesión matinal, cando cumpriron o seu ansiado obxectivo de coñecernos.

O grupo compoñíano máis dun centenar (en concreto 118) de alumnos/as de 3º e 4º de primaria do ensino infantil, en idades comprendidas entre os 8 e 9 anos de idade. Todos eles estaban acompañados dos seus profesores-titores David Poncela, Elena Franco, Marta Reborido, Cristina Sopo y Diana Coira, a coidadora Lita Barreiros, Ana Belén Touriño profesora de apoio e como responsable e ao mando do grupo numeroso a profesora Silvina María Lago que coordinaba e organizaba a actividade lúdica extraescolar.

Como de costume, ao ser un grupo moi numeroso, dividiuse en dous subgrupos de aproximadamente 50 alumnos cada un deles. Os compoñentes máis pequenos iniciaron a súa xornada na segunda sala, realizando os diversos xogos prácticos galegos e do mundo, coa profesora Jessica Pouse, que como sempre acompaña e colabora co MELGA. O grupo de maior idade seguiron as indicacións teóricas-prácticas da primeira sala, con Ricardo Pérez e Verdes, director do museo, desenvolvendo os xogos e deportes tradicionais galegos. Despois dunha hora e media de actividades diversas, os grupos rotaron para completar o percorrido total. Debido ás inclemencias do tempo, tiñamos pensado realizar unha clase práctica de xogos de precisión e de lanzamentos no campo exterior do Centro Cultural, pero non se puido realizar pola intensa choiva que durante a sesión presentouse. Noutra ocasión será ¡

Como “esponxas” que son nestas idades, todos os nenos e nenas do centro escolar pasárono “bomba”, durante case as tres horas que durou o percorrido, non deixaron de xogar, xogar e xogar… aínda que tamén estiveron moi interesados en cuestións tan espectaculares como o baile ou danza das buxainas, dos trompos, as perinolas, as perindolas, os lanzamentos dos embocabolas, os xogos musicais, os xogos de enxeño, xogos de taboleiro antigos e modernos, etc… Isto é pura maxia ! – comentaban. De igual maneira a satisfacción foi transmitida polos profesores e profesoras nesta a súa primeira e non a última en descubrir este pequeno e extraordinario museo  e sentían enormemente a ausencia do moitos dos seus colegas na visita.  O que se perderon ¡ Unha visita recordable e con ganas de repetir ou ben coas familias, amigos ou co propio colexio o ano entrante.

Aínda que seguimos co “parón” do horario, por falta de persoal, como se poderá comprobar seguimos soamente atendendo ás visitas guiadas (non visitas libres) reservadas desde hai algún tempo polos centros docentes. Tamén recibimos a aqueles grupos que nos solicitan datas para realizar a mesma en datas actuais. Hai que constatar, que nestes momentos, contamos con moitas reservas para os meses de abril, maio e xuño do próximo ano 2024, das cales, como responsables que somos, non podemos defraudar a ditos usuarios.

Alumnos del CEIP Tarrío-Culleredo juegan en el Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.